O novo ximnasio de Begonte abrirá o día 1 de abril
O Concello de Begonte anunciou o remate da construción do ximnasio municipal nas instalacións que ten non centro sociocultural da vila, concretamente fronte ao centro de saúde.
Con este nova infraestrutura creáse así un entorno deportivo na zona, xa que esta conta con pista de pádel e outras instalacións que teñen en previsión situar na zona.
Así, a nova instalación abrirá as súas portas o 1 de abril pero o Concello abriu o prazo para a compra de abonos. Esta debe facerse nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres. Será necesario o abono da tarifa correspondente e unha copia do DNI. Os novos socios recibirán unha pulseira que activa o acceso.
O Concello presentou unha serie de tarifas individuais e familiares tanto para empadroados como no empadroados. Estes últimos terán un sobre coste. Ademais da matrícula haberá bonos mensuais, semestrais e anuais que van dos 20 aos 180 euros na individual e dos 45 ao 390 na familiar.
Para todos aqueles que se matricules agora haberá un desconto de 120 na indvidual anual e de 280 na familiar.
A OBRA
A obra do ximnasio levouse a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia e fondos propios do Concello de Begonte investindo un total de 100.000 euros.
O baixo do centro sociocultural estaba ocupado pola escola de música, que se trasladou ao antigo colexio de Baamonde, polo que o ximnasio ocupa esta zona. Tamén se trasladaron as aulas de pintura a unha das antigas vivendas de profesores que se están acondicionando na zona.
O proxecto de obra contemplou a unificación de toda a planta nunha gran sala duns 180 metros cadrados.