O novo ximnasio de Begonte estará rematado este mes
Con este nova infraestrutura, créase así un entorno deportivo na zona, xa que esta conta con pista de pádel e outras instalacións que teñen en previsión situar na zona.
O alcalde de Begonte, José Ulla, anunciou que a construción do ximnasio municipal nas instalacións que ten non centro sociocultural da vila, concretamente fronte ao centro de saúde, rematará este mes.
Con este nova infraestrutura creáse así un entorno deportivo na zona, xa que esta conta con pista de pádel e outras instalacións que teñen en previsión situar na zona.
A obra do ximnasio estase a levar a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia e fondos propios do Concello de Begonte investindo un total de 100.000 euros.
O baixo do centro sociocultural estaba ocupado pola escola de música, que se trasladou ao antigo colexio de Baamonde, polo que o ximnasio ocupa esta zona. Tamén se trasladan as aulas de pintura a unha das antigas vivendas de profesores que se están acondicionando na zona.
O proxecto de obra contempla a unificación de toda a planta nunha gran sala duns 180 metros cadrados.