O número de novos contaxios de covid dóbrase nas últimas 24 horas
A pandemia sufriu nas últimas horas un importante crecemento tanto na provincia como no resto de Galicia. De feito nas últimas 24 horas sumáronse 119 casos novos, cando nos dous días previos situábanse preto dos 50 o que fai que se dobrase o número de novos contaxios.
Deste xeito a provincia de Lugo sobe ata os 894 casos activos con 32 hostpializados e 3 persoas en coidados intensivos. Mentres que só está ocupada a UCI do Hula, na Mariña hai 2 persoas en planta e 7 en Monforte. O resto están en Lugo.
Ademais destes datos, xa son 96 as persoas falecidas e 3.324 as curadas dende que comezou esta pandemia, que na provincia afectou e afecta a 4.313 persoas.
Estes datos veñen a darse unha vez que se declarou o peche perimetral das cidades galegas debido ao aumento da incidiencia da covid-19 en toda Galicia. Medidas que se toman trala declaración do estado de alarma esta semana e o toque de queda entre as 23.00 e as 6.00 horas.
Dentro do mapa, Cervo entra de golpe na lista de concellos en alerta vermella tras detectarse un gromo na residencia de maiores de San Cibrao con 31 afectados entre residentes e traballadoras. Tamén A Fonsagrada continúa en escalada no número de casos. Seguen en vermello tamén Lugo e Monforte.
Mentres, en laranxa seguen Cospeito e Viveiro mentres que en amarelo figuran Baleira (que descende) e Guntín (que aumenta) así como Foz, Sarria, Antas de Ulla, Burela e Bóveda.
GALICIA
A situación no resto de Galicia non é mellor e sen perspectiva de que mellore a curto prazo. As áreas sanitarias sofren unha nova xornada de escalada no referido ao número dos seus casos activos, con Vigo e Lugo experimentando as subidas máis pronunciadas deste sábado no que a comunidade suma 399 novos casos activos ás súas cifras oficiais.
Vigo suma o maior crecemento con 166 casos novos, o que lle fai subir aos casi dous mil afectados. Tras Lugo, está A Coruña, que suma 130 novos casos pero baixa a incidencia con relación aos últimos días, aínda que nunha situación delicada. Pola contra, Santiago e Ourense, con cifras máis positivas, teñen 84 e 91 positivos con datos que invitan ao optimismo. En mellor situación está Pontevedra, que sumou 19 casos oficiales mellorando sensiblemente datos dos días anteriores pero Ferrol comeza unha escalada alarmante con con medio centenar de novos positivos.