O número de positivos en Castro Ribeiras de Lea aumentou a seis

TerraChaXa
O número de positivos por coronavirus aumentou a seis no día de hoxe en Castro de Rei despois de que se detectase o primeiro caso o domingo 9 de agosto pola tarde.
covid 19 (3)
12 Ago 2020

O número de positivos por coronavirus aumentou a seis no día de hoxe en Castro de Rei despois de que se detectase o primeiro caso o domingo 9 de agosto pola tarde.

O primeiro foi un traballador do invernadoiro de Arneiro ao que se lle realizou a PCR o mesmo domingo, segundo asegura o Sergas, e de momento, hai 50 persoas illadas.

Aínda que continúan facendo os test PCR as persoas residintes do edificio dos traballadores, prevén que a cifra siga ascendendo co paso dos días.

Os servizos sanitarios están a facer os PCR as persoas traballadores no invernadoiro de Guitiriz.

​A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 827, deles 84 son da provincia de Lugo.

0.12825298309326