O obradoiro de emprego acondicionará o antigo centro de inseminación de Begonte
Deron comezo co mes de outubro os obradoiros de emprego en Galicia. O Concello de Begonte participar no Cumes da Terra Cha VI, que está compartido cos concellos de Rábade e Friol. Durante 12 meses os estudantes/traballadores estarán facendo distintas actuacións por separado, os de Friol solos e por proximidade xeográfica os de Rábade de Begonte xuntos, a metade do tempo en Rábade e a outra metade en Begonte.
Nesta municipio ocuparanse da rehabilitación e ampliación do antigo centro de inseminación, que está preto do centro de saúde e do complexo cultural depotivo que se está a facer. Este irá destinado a un servizo de cafería para o complexo e para a zona que cando esté rematada sacarase a súa xestión a concurso.
Ademais, os membros do obradoiro farán unhas beirarrúas na antigua estrada LP 801 no seu tramo urbano. Esta vía, que era provincial, pasou a ser de titularidade do Concello tal e como o solicitaron e neste tempo faranse esas beirarrúas nese tramo.