O obradoiro de graffiti será mañá en Begonte
TerraChaXa
O Servizo de prevención de Condutas Adictivas de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de Graffiti.
24 Xuño 2021
O Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha actividade gratuíta de ocio alternativo saudable a través dun obradoiro de Graffiti en cada Concello e que mañá será en Begonte.
Con esta actividade preténdese favorecer o desenvolvemento das persoas participantes a través de valores positivos como a cooperación, creatividade e a participación social.
Os destinatarios son rapaces de entre 11 e 18 anos. Nesta ocasión celebrarase de 16.00 a 19.00 horas no campo de fútbol municipal.
Recoméndase levar roupa vella, unha botella de auga e gorra, xa que a actividade será ao aire libre, sen esquecer a máscara.