O obradoiro 'Relendo a vida' retoma a súa andaina nas Pontes

TerraChaXa
O obradoiro Relendo a vida retoma a súa andadura no Concello das Pontes.
69638579_319740785485393_6955027528108998656_o
10 Nov 2019

O obradoiro Relendo a vida retoma a súa andadura no Concello das Pontes.

Esta actividade ten coma obxectivos crear un espazo de reunión para o intercambio de ideas e experiencias, achegar ao mundo la lectura e escritura, dar a coñecer a biblioteca, coñecer de primeira man experiencias dos autores e autoras e crear rede social de apoio a través da lectura.
Aínda que xa comezaron estas actividades o 30 de outubro, a seguinte será o 13 de novembro coa charla de Esther Álvarez.
O 27 de novembro poderase ver a curtametraxe O túnel e falar coas súas protagonistas. E o 11 de decembro Xosé María López Ferro, responsable do Museo etnográfico das Pontes, visitará aos participantes para falar sobre as costumes propias do Nadal.

As reunións serán en horario de 10.30 a 11.30 horas na Biblioteca Municipal.

Tódalas persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar información na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, no Centro de Información á Muller, na Casa Dopeso.

0.1940062046051