O Observatorio Mariña Pola Igualdade prepara para o sábado unha conferencia sobre matriarcados

TerraChaXa
O Observatorio Mariña Pola Igualdade acolle o sábado 7 de maio unha conferencia sobre Matriarcados: a construción dunha identidade.
1 Matriarcados Ribadeo maio 2022
3 Maio 2022

O Observatorio Mariña Pola Igualdade acolle o sábado 7 de maio unha conferencia sobre Matriarcados: a construción dunha identidade. A entrada é de balde.

Esta charla estará a cargo de Anna Boyé, antropóloga e fotoxornalista especializada no estudo das sociedades matriarcais, será no salón teatro de Ribadeo e dará comezo ás 11.30 horas.

Despois de xantar, ás 16.30 horas, haberá diferentes proxeciónd documentais sobre o tema, así como tempo para preguntar e falar sobre as viaxes de Boyé.

0.10156083106995