O operador Adamo chega a máis parroquias da Mariña lucense
O operador de internet de fibra óptica Adamo, xa hai dous anos que comezaron a despregar a fibra máis rápida do país nas zonas rurais de Galicia. Por agora prestan servizos de internet a preto de 35.000 fogares desta provincia, pero co novo despregamento cumprirán o seu obxectivo de chegar a 85.000 casas destas áreas para acabar coa fenda dixital.
Esta compañía traballa para reducir a fenda dixital e que todo o que queira apostar polo mundo rural e volver ao campo poida facelo sen ter que renunciar a estar conectado.
Adamo, cuxo obxectivo prioritario son as zonas rurais xa está en moitas parroquias da Mariña lucense como no Concello de Viveiro onde están en Chavín, Galdo, Landrove, Magazos, San Pedro de Viveiro, Valcarria, Covas, San Cibrao de Viveiro e Viveiro. No de Ribadeo, onde están nas parroquias de Ribadeo, Piñera, Vilaselán, Ove, Villaframil, A Devesa e Rinlo. No Concello mindoniense onde xa se atopan en Mondoñedo, Dos Remedios, San Lázaro e O Coto da Recadeira. E nos municipios de Foz e as súas parroquias de Vilaronte e San Martiño de Mondoñedo. E en Burela.
Adamo, o operador de internet de fibra óptica con maior crecemento en España e en plena expansión, lanza unha nova campaña e conta cun novo aliado para cumprir a súa misión de levar a fibra óptica máis rápida a todos os recunchos.
Desde Adamo, queren fomentar o rexurdir da España rural e acadar que a España baleirada non sexa sinónimo da España desconectada.
Ademais din que “este ano vivimos unha conxuntura excepcional. O confinamento provocou un cambio de perspectiva na xente e fixo que moitas persoas quixesen afastarse das grandes cidades durante o período de illamento. Moitas persoas déronse conta durante estes últimos meses de que necesitan cambiar de vivenda e queren gozar dunha casa máis grande e con máis comodidades, sacrificando a boa localización dunha zona céntrica. Os movementos non só producíronse das grandes cidades aos municipios, senón tamén das zonas urbanas ás rurais”.