O Outeiro de Rei FS e o Vilalbés infantil ascenden de categoría
O Outeiro de Rei FS logrou esta fin de semana o ascenso a Terceira División tras vencer a domicilio ao Ourol, pechacancelas de grupo.
O conxunto chairego adiántase ao final da liga, que terá lugar próxima semana, para lograr o preciado ascenso, acompañando ao Korreo Guitiriz, que o conseguiu a pasada fin de semana.
O conxunto de Outeiro de Rei sumou 57 puntos en 26 partidos, con 18 vitorias, tres empates e cinco derrotas, que o deixan no terceiro lugar da táboa clasificatoria. Colle esta praza xa que o Stellae, que é líder, non ascenderá.
Os de Outeiro non xogarán a próxima fin de semana, xa que teñen descanso pola retirada do Club del Mar San Amaro.
VILALBÉS
Outro dos ascensos desta fin de semana é o do Vilalbés infantil de fútbol, que na última xornada fíxose coa única praza para a Liga Galega Infantil.
O ascensos dos chairegos prodúxose nun final de liga agónico empatados a puntos co Polvorín pero coa vantaxe dun gol na táboa. Polo tanto, os goles foron os que decidiron os ascenso finalmente xa que o Vilalbés avultou o resultado ata o 11-0 na Madalena, mentres que o Polvorín fixo o mesmo na Polvareira pero só acadou un 8-1 que non foi suficiente para superar ao Vilalbés.
Esta boa nova contrasta co descenso do xuvenil dende a categoría de Liga Nacional á Galega o próximo ano, xa que este está último de grupo a falta dunha xornada.