O PAI da Pastoriza abre un prazo extraordinario de inscrición para este curso

TerraChaXa
Estará aberto o tempo de matrículas novas ata o 15 de novembro
PAI-PASTORIZA
22 Out 2024

O Concello da Pastoriza ten aberto de novo o prazo de solicitudes para os novos ingresos no punto de atención a infancia xa que quedan 4 vacantes.

Estará aberto o prazo de matrículas novas ata o 15 de novembro.

A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais. Haberá que presentar, xunto ao modelo de solicitude, fotocopias dos DNI ou libro de familia, un certificado de empadroamento, a declaración da renda, a última nómina, a certificación do INEM, ou outros documentos acreditativos.

0.10513210296631