O PAI da Pastoriza ten aberto o prazo de reserva de prazas para o próximo curso

TerraChaXa
A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais ata o 16 de maio
PAI-PASTORIZA
1 May 2025

O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para a reserva de praza no punto de atención a infancia para o curso 2025/26.

Estará aberto o prazo ata o 16 de maio.

A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais. Haberá que presentar, xunto ao modelo de solicitude que se facilita no propio PAI declaración xurada da situación económica, certificado médico do menor ou calquera documentación que acredite un cambio da situación económica ou familiar.

⚙ Configurar cookies
0.16805791854858