O PAI da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitude de ingreso para o próximo curso

TerraChaXa
A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais ata o 1 de xullo
PAI-PASTORIZA
6 Jun 2025

O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para as prazas de novo ingreso no punto de atención a infancia para o curso 2025/26.

Estará aberto o prazo ata o 1 de xuño.

A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais ou na sede electrónica do Concello. Haberá que presentar, xunto ao modelo de solicitude que se facilita no propio PAI declaración da renda, libro de familia e DNI, certificado de empadroamento e última nómina ou documento acreditativo de desemprego, ademais de calquera outro que xustifique algunha incidencia familiar.

⚙ Configurar cookies
0.16768312454224