O PAI de Guitiriz será una escola infantil para ter máis prazas

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz iniciou o proceso de cambio do PAI a escola infantil co obxectivo de aumentar o número de prazas a todos os veciños.
13 Xan 2019

O Concello de Guitiriz iniciou o proceso de cambio do PAI a escola infantil co obxectivo de aumentar o número de prazas a todos os veciños.

"Necesitamos máis prazas xa que hai moita lista de espera, ademais é unha aposta polos veciños e para poder ofrecer un servizo para que as familias poidan ter fillos e conciliar", explica a rexidora de Guitiriz, Regina Polín.

O edificio do PAI e o recinto no que está, á beira do Ceip Lagostelle, é de propiedade municipal, e xa está encargado o estudo de viabilidade para a súa ampliación. Para este proxecto hai unha dotación de 70.000 euros consignada nas contas de 2019 para emprender as obras. "Se despois non chega o orzamento contaremos co Plan Único da Diputación para complementarlo", engade a alcaldesa.

Para a conversión do PAI, o primeiro é iniciar a redacción do proxecto, que contará coa renovación e tamén a construción de dúas aulas novas para dobrar o número de prazas, pasando de 20 a 40. O Concello de Guitiriz continúa así coa súa aposta pola conciliación e o programa Madrugadores leva dez anos operativo.

0.16431403160095