O PAI de Pastoriza abre o prazo de inscrición dos novos ingresos para o próximo curso

TerraChaXa
A documentación pode realizarse nas oficinas municipais ata o 16 de abril
PAI-PASTORIZA
17 Mar 2026

O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para a reserva de praza no punto de atención a infancia para o curso 2026/27.

Estará aberto o prazo ata o 16 de abril.

A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais. Haberá que presentar, xunto ao modelo de solicitude que se facilita no propio PAI libro de familia, DNI ou pasaporte dos pais, certificado de empadroamento, declaración da renda ou o resto de documentos que acrediten a súa situación económica.

0.11824703216553