O PAI de Pastoriza pecha este venres o prazo de reserva de prazas para o próximo curso

TerraChaXa
A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais
PAI-PASTORIZA
27 Feb 2026

O Concello de Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para a reserva de praza no punto de atención a infancia para o curso 2026/27.

Estará aberto o prazo ata este venres, 27 de febreiro.

A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais. Haberá que presentar, xunto ao modelo de solicitude que se facilita no propio PAI declaración xurada da situación económica, certificado médico do menor ou calquera documentación que acredite un cambio da situación económica ou familiar.

0.13674688339233