O PAI de Pol aplica a gratuidade do pago para o segundo fillo
O Concello de Pol informa de que no BOP da provincia de Lugo aparece recollida a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos prezos públicos do servizo do Punto de Atención á Infancia, co obxectivo de incluír a bonificación do 100% das cantidades correspondentes á matrícula do segundo fillo ou filla e sucesivos pertencentes á mesma unidade familiar.
Esta bonificación regúlase segundo o establecido na Disposición adicional novena da Lei 7/2019, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, sendo o seu establecemento e aplicación voluntarios no caso das escolas infantís de 0-3 anos dependentes das entidades locais.
Dende o goberno municipal considérase que esta bonificación, para a matrícula gratuíta do segundo fillo ou filla e sucesivos/as da unidade infantil na escola infantil de 0-3 anos, supón unha importante axuda para as familias de cara á conciliación.
Todas aquelas persoas que cumpran este requisito poderán solicitalo no departamento de Servizos Sociais do Conecllo de Pol, a través da traballadora social.