O Papa recibe ao alcalde de Begonte para falar do 50 aniversario do belén

TerraChaXa
Este mércores, 9 de novembro, nas habituais recepccións no Vaticano, o Papa Francisco vai recibir ao Alcalde de Begonte, José Ulla.
Botas Begonte papa belen
9 Nov 2022

Este mércores, 9 de novembro, nas habituais recepccións no Vaticano, o Papa Francisco vai recibir ao alcalde de Begonte, José Ulla, e ao Tenente de Alcalde, Luis Luaña, que lle informarán de que o Belén de Begonte, declarado de Interese Turístico Galego, cumpre o seu primeiro medio século de existencia desde a súa fundación en 1972 polo daquela crego de Begonte, José Dominguez Guizán e o artista José Rodríguez Varela.

A comisión begontina entregaranlle ao Papa unha escultura do artista lucense Cesar Lorenzana, maqueta do monumento que se vai instalar na praza Irmáns Dominguez Guizán, á beira do belén, como primeiro dos elementos que van situarse en cada unha das parroquias do Concello como símbolo de que todos os camiños de Begonte conducen ata o Belén. E este primeiro monumento reflicte, precisamente, unhas botas de peregrino ou camiñante que, procedente de calquera punto de Begonte, de Galicia ou do mundo, ten por destino o Belén de Begonte.

Á vez que invitarán ao Papa a visitar o Belén na primeira ocasión que visite Galicia, entregaranlle ampla información sobre o Belén: O libro publicado na colección Everest, libro con traballos premiados nos certames, programas, sinaladores de lectura e un pen coa gravación que en galego, castelán e inglés figura na web www.belendebegonte.es, gravado pola Fundación Tic da Deputación Provincial de Lugo.

0.19664692878723