O Parga Rock anuncia a primeira confirmación para o festival de setembro

TerraChaXa
Nun tempo de anulacións de actividades, o Parga Rock vén de anunciar a primeira confirmación para a edición deste ano do festival, que terá lugar o 5 de setembro.
Processed with Snapseed.
13 Xul 2020

Nun tempo de anulacións de actividades, o Parga Rock vén de anunciar a primeira confirmación para a edición deste ano do festival, que terá lugar o 5 de setembro.

Así o primeiro grupo invitado é Dark Embrace, conxunto galego de Death Metal Melódico, que fan un metal de corte clásico pero á vez escuro, con reminiscencias dun King Diamond moderno mixturado coas sinfonías eclesiásticas de Powerwolf.

Estes galegos foron invitados por bandas tales como Amon Amarth ou Sepultura para abrir os seus concertos. Incluso su cantante Oscar Rilo foi invitado por Moonspell para compartir escenario nalgunha ocasión.

0.16615390777588