O Parga Rock arranca o 2025 cunha sesión vermú en Guitiriz

TerraChaXa
O menú contará con pratos como empanada, paella e sobremesa, e a música correrá a cargo de Carta de Ajuste e DJ Coutinho
sesion-vermu-parga-rock
9 Feb 2025

O festival Parga Rock volve á carga este 2025 cunha primeira cita musical que promete ser todo un éxito. O evento celebrarase o sábado 22 de marzo no Iberik Gran Balneario de Guitiriz, grazas á colaboración co propio balneario, un dos patrocinadores privados do festival.

Nesta ocasión, os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú con concerto e gastronomía, nunha localización privilexiada como é a Casa Club do hotel. O ambiente será, como sempre, espléndido e cargado de rock, nunha xornada que tamén servirá para recadar fondos de cara á organización da edición 2025 do festival.

Os prezos das entradas son de 25 euros para adultos, incluíndo entrada, comida e consumición, e 15 euros para o menú infantil. O menú contará con pratos como empanada, paella e sobremesa, e a música correrá a cargo de Carta de Ajuste e DJ Coutinho.

As entradas estarán dispoñibles nos puntos de venda habituais, no propio balneario e, como novidade, tamén online. O Parga Rock promete moitas sorpresas este ano, e esta sesión vermú será só o comezo dunha tempada chea de boa música e diversión.

0.19199705123901