O Parga Rock celebrará o sábado 18 a súa sesión vermú

TerraChaXa
A partir das 17:30 horas comezará a sesión de tardeo da man de Nunzia Giannota, quen dará paso ao broche final da xornada coa actuación de DJ Coutinho
sesion-vermu-parga-rock
13 Apr 2026

O Iberik Gran Balneario de Guitiriz prepárase para vivir unha xornada inesquecible o vindeiro sábado 18 de abril coa celebración da súa esperada sesión vermú, un evento organizado polo Parga Rock e o Concello de Guitiriz.

A programación, que terá como escenario principal a terraza da cafetería (sempre que o tempo o permita), arrancará ás 13:15 horas co ritmo de La Gramola, encargada de poñer a banda sonora inicial mentres se prepara o apetito para o gran buffet, que estará dispoñible entre as 13:30 e as 15:30 horas. A oferta gastronómica ten un prezo de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos de entre 2 e 12 anos.

A música non deixará de soar en todo o día, xa que a partir das 17:30 horas comezará a sesión de tardeo da man de Nunzia Giannota, quen dará paso ao broche final da xornada coa actuación de DJ Coutinho a partir das 19:00 horas.

Todas as persoas interesadas en asistir poden tramitar xa as súas reservas a través dos teléfonos 982 920 090 ou 689 546 864, ou ben mediante o correo electrónico eventos.guitiriz@iberikhoteles.com. Tamén existe a posibilidade de contactar directamente cos organizadores do Parga Rock para asegurar unha praza nesta cita que promete converterse no epicentro do ocio e o bo ambiente na comarca.

0.21204686164856