O Parga Rock organiza un campionato de futbolín para recadar fondos
O pub Flamingo de Parga acollerá o 15 de febreiro un campionato de futbolín para conseguir fondos para o Parga Festival Rock, que se celebra habitualmente no mes de setembro.
Este torneo está convocado pola comisión organizadora do festival e dará comezo a partir das 18.00 hora. Os interesados en incribirse poden facelo chando ao teléfono 646 609 309 ou de forma presencial no mesmo pub.
Haberá premios para as tres primeiras parellas clasificadas. 250 euros serán para o gañador e 150 e 100 para os dous seguintes.
A inscrición ten un prezo de 30 euros por parella polo que os cartos sobrantes destinaranse para sufragar o custo dos concertos do festival.
No mes de outubro a comisión organizadora celebrou tamén un torneo de tute co obxectivo de recaudar fondos para a próxima edición do festival.