O Pargarock organiza un campionato de tute o 26 de outubro

TerraChaXa
A comisión organizadora do Pargarock celebrará o 26 de outubro un campionato de tute nesta localidade de Gutiriz.
pargatute
6 Out 2019

A comisión organizadora do Pargarock celebrará o 26 de outubro un campionato de tute nesta localidade de Gutiriz.

A competición dará comezo ás 21.00 horas na Escola Vella de Parga con 300 puntos de premio para a primeira parella clasificada, 150 para a segunda e 100 para a terceira. Na repesca repartiranse tamén un lote de botellas para os dous primeiros clasificados. No caso de non chegar ás 32 parellas inscritas, reducirase a contía dos premios en proporción.

A inscrición, que terá un prezo de 40 euros, realizarase nos teléfonos 619 679 906 (Verónica) e no 646 365 992 (Noé). Todos os asistentes terán pinchos.

 

0.094871044158936