O Pargarock terá lugar a noite do 22 de setembro
TerraChaXa
A Carballeira de Parga acollerá o 22 de setembro a segunda edición do seu festival rock que congregará a seis bandas de música que ofrecerán os seus respectivos concertos de balde.
21 sep 2018
A Carballeira de Parga acollerá o 22 de setembro a segunda edición do seu festival rock que congregará a seis bandas de música que ofrecerán os seus respectivos concertos de balde.
Así, o Pargarock iniciarase cunha sesión vermú a cargo de O puto coro do exército froilanista para, a continuación, facer un pasa tabertas con Os Veraneantes.
Finalmente, os concertos estarán a cargo de 3 Trebóns, The Brosas, Raiba, Golpe Radikal e Display of Power. As previsións da organización é que os concertos se alongue ata as 6 de madrugada do domingo.