O parque acuático vilalbés non abrirá este verán
A nova alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, anunciou na presentación das actividades de verán que o parque acuático da capital da Chaira non abrirá este verán debido ás múltiples deficiencias que atoparon e que implican riscos para a seguridade dos usuarios.
A alcaldesa anunciou que a empresa concesionaria desta instalación atopou dificultudes e enviou un informe ao Concello no mes de abril, "informe que atopamos nun caixón", e enviaron aos técnicos municipais, que certificaron o deterioro desta instalación.
Así, a intención e non abrir este ano para garantir a seguridade e anunciaron que estudarán diferentes medidas de cara ao próximo ano.
Entre as deficiencias atopadas figuran danos nas xuntas nos tobogáns, roturas na canaleta perimetral, pezas soltas na pasarela de acceso á torre e problemas eléctricos. Todos ese problemas teñen rico de "abrasións, rozaduras ou cortes para todos os usuarios".
Os responsables municipais destacaron tamén deficiencias estruturais como escaleras sen barandas, ausencia das mesmas tamén nas saídas dos tobogáns e nas propias escaleiras da torre.