O parque de bombeiros de Vilalba queda sen servizo por falta de persoal

TerraChaXa
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo vén de informar que o parque de bombeiros de Vilalba queda sen servizo dente este xoves ás 13.
Parque de Bombeiros de Vilalba
7 Dec 2023

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo vén de informar que o parque de bombeiros de Vilalba queda sen servizo dente este xoves ás 13.00 horas ata este venres ás 9.00 horas. Segundo explican, esta decisión está motivada debido a que dos catro efectivos do cuadrante desta xornada, só se incorporaron dous.

O Consorcio asegura que se avisaron tres traballadores para cubrir os servizos mínimos e ningún deles se presentou, un comportamento que tachan de “irresponsable”. Deste xeito, o Consorcio informou ao servizo 112 de que as incidencias serán atendidas dende os parques de Viveiro ou de Barreiros.

Segundo trasladan nun comunicado, dos 20 efectivos que conforman a plantilla do Parque de Bombeiros de Vilalba, a metade deles colleron a baixa, e xa renunciaron catro persoas da bolsa de suplentes. Unha situación que, segundo o Consorcio Provincial demostra “unha estratexia orquestrada por parte dos bombeiros para non cumprir coas súas obrigas e coa que poñen en risco a seguridade da cidadanía, polo que, de producirse algunha consecuencia, terán que afrontala, mesmo pola vía xudicial”.

0.1929669380188