O parque de San Francisco de Ribadeo acollerá o día 20 un torneo de petanca

TerraChaXa | AMariñaXa
Xa son deceas os ribadenses e veciños da contorna que acoden cada semana, normalmente os mércores a partir das 11.
Captura de pantalla 2019 07 22 a las 11.15.15
18 Xul 2019

Xa son deceas os ribadenses e veciños da contorna que acoden cada semana, normalmente os mércores a partir das 11.00 horas, ao parque de San Francisco da vila ribadense para xogar á petanca. Tal práctica están acadando na especialidade, que pretenden iniciarse en competicións con outros clubes da provincia ou doutros lugares, ademais de competir entre os propios integrantes desta asociación ribadense.
Por iso, o vindeiro 20 de xullo, a partir das 10.00 horas da mañá, disputarase o trofeo de verán de petanca na modalidade de tripletas, que é tamén o trofeo Vila de Ribadeo desta especialidade.
O Concello de Ribadeo presta o seu apoio ao colectivo para o desenvolvemento desta práctica deportiva.
En realidade xa se levan disputados varios torneos no parque de Ribadeo, onde están as súas instalacións, como por exemplo o denominado Torneo del Club Petanca Ribadeo, no que recentemente participaron nove dupletas de socios da entidade e no que se proclamaron vencedores Alfonsina Ginzo- Francois Maurier , seguidos por Manuel Teijeiro - Felix Acevedo y Geni Rodriguez-Daniel R. Saavedra. O alcalde, Fernando Suárez, presidiu a entrega de premios.

0.097088098526001