O parque de Sotavento celebra o seu 20 aniversario

TerraChaXa
Xermade acolleu onte os actos de celebración do 20 aniversario do parque eólico experimental Sotavento impulsando as enerxías renovables.
20 aniversario sotavento
22 Xuño 2021

Xermade acolleu onte os actos de celebración do 20 aniversario do parque eólico experimental Sotavento, contribuíndo ao desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia a través da I+D+i, a sensibilización e a pedagoxía.

Durante o acto recoñeceuse o labor do Sotavento como un “proxecto pioneiro” de como as administracións públicas poden impulsar proxectos de vangarda a través das enerxías limpas. Así, destacouse o “frutífero labor” que ten desenvolvido o parque, consolidándose como un espazo de experimentación e escaparate dos diferentes avances tecnolóxicos que se foron dando no sector eólico e das renovables. Entre estes avances figura a construción da vivenda bioclimática instalada no recinto, así como o seu labor pedagóxico e de sensibilización sobre a importancia das enerxías limpas e a eficiencia enerxética.Neste sentido, asegurou que entidades como Sotavento van cobrar moita relevancia no contexto actual de transición ecolóxica, polo que apuntou a que o gran reto agora pasa por consolidar e conseguir un crecemento sustentable desde o punto de vista ambiental, social e económico.

0.19327998161316