O parque de Sotavento colabora coa Universidade
Son xa máis de 16 anos de colaboración entre Sotavento e a universidade, tanto a través de proxectos de demostración- investigación como de visitas técnicas divulgativas e de alumnos en prácticas. Titulacións científicas, técnicas pero tamén pedagóxicas e sociais son as máis interesadas. De feito este mesmo ano o parque revalidou ca universidade da Coruña un convenio de prácticas dirixido a alumnos e alumnas de Educación Social que permitiu aos interesados participar na área de educación ambiental e enerxética do parque.
Tamén durante este primeiro cuadrimestre do ano, Sotavento constituíu un soporte práctico para varios másters, titulacións e proxectos universitarios. O “Máster en Eficiencia y Aprovechamiento Energético da UDC” ou o “Máster Energías Renovables, Cambio Climático y Desarrollo Sostenible da USC” constitúen un exemplo destas colaboracións pero tamén o Proxecto de Educación Ambiental e Sostenibilidade do Campus da Coruña ou o “Proyecto de Cooperación para el Desarrollo Sostenible de la Escuela de Caminos da USC”.
Proyectos Erasmus e visitas de distintas facultades como a de Ciencias da Educación, Físicas ou enxeñarías completan as actividades máis significativas do que vai de ano e que constitúen o 40% dos colectivos recibidos.
Dende o ano 2002, máis de 50.000 alumnos universitarios participaron nas actividades do parque. Nos últimos 9 anos é habitual que sexan alumnos e alumnas que xa realizaron visitas anteriores en niveis educativos inferiores. Preto do 47% dos universitarios e universitarias que recibe Sotavento, realizaron unha visita anterior mentres estaban en infantil, primaria ou secundaria.
Sotavento colabora no VII Campus de Verán XuvenCiencia
No vindeiro mes de xullo, Sotavento continuará con estas colaboracións ca participación campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. A finalidade deste campamento científico é coñecer e facer Ciencia e Tecnoloxía , fomentar o interese polas titulacións científicas, técnicas e sociais facilitando información para que podan elixir mellor, cun achegamento ao traballo que se fai na USC.
Entre as actividades: Escaneado, modelado e impresión 3D, experimentos de difracción da luz e visitas a empresas colaboradores entre as que se atopa Sotavento.
Dirixido polo profesorado da Universidade de Santiago é o terceiro ano que inclúen a Sotavento dentro da súa programación de actividades científicas dado o interese e satisfacción amosado polos participantes en edicións anteriores.