O parque de Vilalba abriu o domingo con efectivos do de Viveiro, que pechou
TerraChaXa | AMariñaXa
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de novos problemas para cubrir as prazas nos parques de bombeiros o domingo.
11 Dec 2023
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de novos problemas para cubrir as prazas nos parques de bombeiros o domingo.
Dos catro efectivos previstos no cuadrante deste domingo no Parque de Bombeiros de Viveiro, só se incorporaron dous, incumpríndose así os servizos mínimos. No Parque de Bombeiros de Vilalba incorporáronse tres traballadores, pero un deles ausentouse para ir ao médico, quedando así tamén dous efectivos.
Ante esta situación, e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio comunicou ao servizo 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo e que as incidencias do parque viveirense atendéronse dende Vilalba e Barreiros.