O Partido Popular de Foz presentou a súa candidatura

TerraChaXa | AMariñaXa
O Partido Popular de Foz presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais.
10 May 2019

O Partido Popular de Foz presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. O acto tivo lugar na confluencia da rúa Álvaro Cunqueiro coa Avenida da Mariña e contou coa presenza de ducias de persoas.
O candidato á reelección como alcalde focense, Javier Castiñeira, sinalou: “estamos precisamente aquí, neste sitio, porque é un síntoma de modernidade e dos cambios que experimentou Foz nestes últimos oito anos, especialmente nesta última lexislatura. É un lugar que ofrece frescura, un cambio fundamental no núcleo urbano e no concello, que non so é un cambio urbanístico senón que é un cambio funcional para que todo o mundo poida disfrutar moito mellor, tanto os nosos comerciantes que o necesitaban como todos os veciños, duns espazos que estaban totalmente desaproveitados. Polo tanto este sitio foi elixido con esa idea de modernidade”.
Castiñeira asegurou que “estamos moi contentos por parte de todos de poder ofrecer un grupo excepcional e comprometido, que aporta dúas cousas moi importantes: a primeira a experiencia dun equipo de goberno, catro dos cinco concelleiros que estamos actualmente no grupo municipal que formamos goberno e que traballamos moitísimo nun grupo pequeno pero cun gran labor de proximidade, de organización e de proxección. Esas catro persoas, que somos os tres concelleiros Ánxel Paleo, Pedro Manín e Antonio Hermida máis eu, que son o candidato á Alcaldía, sumamos unha experiencia moi importante de goberno”.
O alcaldable popular dixo tamén que “é certo que nestes oito anos aprendemos moitísimo, pero tamén é ben certo que sabemos que hai moitas cousas por facer. Un pobo non se fai en oito anos, pasamos un momento moi complexo, desde o ano 2011, que collemos este Concello, ata o 2015, a primeira lexislatura foi moi difícil economicamente porque este Concello estaba nunha situación moi mala que impedía calquera outro tipo de proxección. Despois si que tivemos unha lexislatura do ano 2015 ao 2019 estupenda, de moitísimo investimento e con moitos obxectivos”.
Javier Castiñeira anunciou que “durante todos estes días falaremos de todo o que fixemos, que é moito. Imos poñer na rúa un folleto, denominado As contas claras, onde veñen practicamente todos os investimentos de certa envergadura que se fixeron durante esta lexislatura. O que fixemos por Foz con moita responsabilidade está aí, imos dicilo con moitísimo orgullo, pero hai que seguir apostando polo futuro e para iso se renovou esta candidatura. Hai xente nova, comprometida, independente, plural e diversa, que é o que necesita un pobo. Este é un proxecto aberto. Hai uns días o presidente Feijóo díxonos que tíñamos que buscar un Partido Popular aberto, nós xa o tíñamos feito e estamos encantados de que o presidente corrobore coa súa idea que este é un bo proxecto do Partido Popular, un proxecto amplo e plural onde o máis importante son as persoas, especialmente nun proxecto de pobo. Isto é unha aposta polas persoas, polas parroquias, polo pobo; é un proxecto aberto, amplo, plural, transversal, onde o que importa é o noso pobo. Un bo proxecto, fresco e diverso. Apostamos pola igualdade, somos nove mulleres e nove homes, e o noso lema é que só pactamos con vosoutros, ou sexa que en coalición contigo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14728093147278