O Partido Popular de Pol advirte sobre o “mal estado” das pistas

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A portavoz popular lembra que “os únicos arranxos que se fixeron foron con cartos da Xunta de Galicia a través da subvención para arranxar camiños de concentración parcelaria”
nicole-grueira-pista-valonga
14 Jan 2025

O Partido Popular de Pol insta ao alcalde a “atender de inmediato” a necesidade de arranxo das pistas municipais debido ao seu “mal estado”.

A portavoz, Nicole Grueira, explica que “o pleno municipal deixou en evidencia a falta de compromiso do alcalde co mantemento das estradas do noso concello. Dicir que só están mal as da parroquia onde vive a portavoz do Partido Popular demostra un descoñecemento absoluto da realidade de Pol. Ou, peor aínda, unha negativa a recoñecer os problemas que levan afectando aos veciños dende hai demasiado tempo”.

A popular indica que “a realidade é clara: a maioría das pistas municipais están en moi mal estado, dificultando a mobilidade dos veciños e prexudicando a calidade de vida no noso concello. Exemplos como o da pista no barrio de Susá, en Valonga, son unha mostra do abandono total das infraestruturas locais”.

O Partido Popular presentará unha iniciativa no Pleno para instar ao alcalde a que poña en marcha, de maneira urxente, un plan de arranxo das estradas municipais. “Non podemos permitir que se sigan destinando recursos a caprichos persoais, mentres os problemas reais dos veciños quedan sen atender”, asegura a portavoz.

Grueira considera que “o mantemento das estradas é unha necesidade básica e unha obriga municipal”. Así, “esiximos menos escusas e máis accións concretas para garantir unhas infraestruturas dignas para todos os veciños de Pol”.

A portavoz popular lembra que “os únicos arranxos que se fixeron foron con cartos da Xunta de Galicia a través da subvención para arranxar camiños de concentración parcelaria”.

0.15647888183594