O pasado e as tradicións enchen Ferreira do Valadouro no seu 125 aniversario como vila

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Mar 2019

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, participaron no XIII Mercado Tradicional de Primavera do municipio mariñán, co que colabora a Deputación. Ao longo da xornada, os veciños caracterizáronse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. A celebración desta edición do mercado coincidiu co 125 aniversario da vila.

Campos Conde subliñou que “esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar dun mercado tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, concertos ou a ruta de tapas”.

Durante estas xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, desfiles de rozas e roupa tradicional, ruta de tapas, exposición de zoqueiros, demostracións de oficios tradicionais, exhibición de baile, entre outras actividades. A vila tamén presentou decoración acorde coa temática do mercado, houbo demostracións de oficios tradicionais e ruta de tapas. O peche desta edición correu a cargo de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19121980667114