O Pastoricense ficha cinco xogadores do Castro B como reforzo para o regreso a Primeira

TerraChaXa
O UD Pastoricense anunciou seis fichaxes xa para a nova tempada que inicia este ano na Segunda Autonómica, despois de que descendera na anterior tempada como colista de grupo.
fichaxes ud pastoricense portada
22 Ago 2023

O UD Pastoricense anunciou seis fichaxes xa para a nova tempada que inicia este ano na Segunda Autonómica, despois de que descendera na anterior tempada como colista de grupo.

Aínda que a Federación de fútbol non avanzou a composición nin o calendario de competición, comezarán a mediados do mes de setembro. Coa intención de "recuperar a ilusión" chegaran ao club cinco xogadores que proceden do Castro B, Borja Corbelle, Iván Corbelle, Diego López, Iago Fernández e Adrián Fernández.

Así mesmo foi fichado Eduardo Seivane, militante nas categorías inferiores que regresa a UD.

fichaxes ud pastoricense
0.063791036605835