O Pastoricense logra o ascenso á Primeira Galicia tras un ano na Segunda Norte

TerraChaXa
O UD Pastoricense celebrou onte por todo o alto o seu regreso á Primeira Galicia, logo que quedar campión do grupo de Segunda Norte e ocupar a única praza de ascenso directo.
ascenso pastoricense celebracion
6 Maio 2024

O UD Pastoricense celebrou onte por todo o alto o seu regreso á Primeira Galicia, logo que quedar campión do grupo de Segunda Norte e ocupar a única praza de ascenso directo.

O conxunto branco venceu con rotundidade á Comercial acadando un resultado de 4-0 e poder cantar o alirón unha semana antes do fin da competición.

Chégalle así o ascenso tras vencer en 23 dos 29 partidos celebrados na tempada, con 4 empates e dúas derrotas.

Regresa así o equipo a unha categoría que tivo que deixar a tempada 2022/2023 debido aos malos resultados que o deixaron ao fondo da táboa. Finalmente, só foi necesario un ano para recuperar o seu lugar na primeira categoría do fútbol sénior afeccionado.

Por outra banda o Vilalbés B, que é terceiro, xogará os play off a partir do 18 de maio xunto a Iberia, Folgueiro e San Ciprián.

0.11804008483887