O patrocinador que viste ás xogadoras burelesas agasallóunas pola Copa da Raíña
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Aug 2019
As Raíñas locen unha peza moi especial grazas ao detalle do seu patrocinador deportivo, Joma, que agasallou a xogadoras e ao corpo técnico cunha chaqueta persoalizada en recoñecemento polo título de I Copa de Súa Maxestade A Raíña.
O equipo de Juanma Marrube xa foi obsequiado tamén polo éxito do ascenso a Primeira da Liga Nacional de Fútbol Sala, na primavera. A marca española e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. Joma vestirá a toda a estrutura do clube laranxa ata 2020, tanto en Primeira División RFEF coma LNFS, así como aos máis de 160 nenos/as que compoñen as categorías de base.