O Pazo de Santo Tomé de Mondoñedo acolle unha mostra de arte
TerraChaXa | AMariñaXa
O Pazo de Santo Tomé de Mondoñedo acolle unha mostra de arte e a exposición itinerante de fotografía Facer Camiño ata o 6 de decembro.
21 Nov 2020
O Pazo de Santo Tomé de Mondoñedo acolle nestes días e ata o 6 de decembro, unha mostra de arte e a exposición itinerante de fotografía Facer Camiño coordenada pola Real Academia Galega de Belas Artes.
Esta mostra consta de doce creadores académicos inspirados no tema da peregrinación e estará situada no primeiro andar e pode visitarse de luns a venres polas mañás en horario de 10:00 a 14:30 horas.