O Pazo de Santomé de Mondoñedo acolle dúas conferencias
O día 18 de decembro de 2020, ás 18:00 horas no Pazo de Santomé en Mondoñedo, terá lugar unha conferencia coloquio que tratará sobre o Triángulo amoroso nos Pazos de Ulloa da insigne escritora coruñesa Dna Emilia Pardo-Bazán. A través desta conferencia José de Orozco e Sánchez-Aguilera tratará de achegar, desde un punto de vista moi persoal, os comportamentos e actuacións de tres personaxes escravos da súa situación persoal e histórica.
Xa o día 19 de decembro de 2020 ás 18:00 horas será a quenda da conferencia Antecedentes da introdución do cultivo do millo en Galicia por don Gonzalo Méndez de Cancio (1551-1622), gobernador e capitán xeral da Florida. Nela Don Javier Anxo Cancio- Donlebún Ballvé ofrece unha descrición biográfica do seu antepasado, o almirante Gonzalo Méndez de Cancio, e trata sobre a súa xestión agraria en América, clave para entender a introdución do cultivo do millo no noroeste de España a principios do s. XVII. Tamén poñerá de manifesto os interesantes vínculos entre Gonzalo Méndez de Cancio e a cidade de Mondoñedo.