O Pedregal de Irimia acolle a VIII Festa da Afirmación e dignidade
A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos celebrarán este sábado 19 de setembro un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira.
O acto, que se celebra no Pedregal de Irimia terá lugar ás 12.00 cunha ofrenda floral, tendo en conta as medidas sanitarias vixentes polo que se ve limitado o aforo e programa das convocatorias anteriores nas que se entregaron as MansDeIrimia, obra do escultor meirego Manuel Pardo Lopez.
Ás 12:00 h. terá lugar a lectura do resumo do Manifesto da Afirmación e Dignidade", que se entregará en impresión abreviada, da autoría de Baldomero Iglesias Mero.
Este ano van compartirse simbolicamente manifestos e proclamas de distintos colectivos da defensa da liberdade, da natureza e reinvidicacacións da Asociación Avelino Díaz. Esta celebración anual reivindica o simbolismo e a paisaxe do Pedregal "e o nacemento do pai dos nosos ríos".
Farase ao pé da ara de Prisciliano, obra de Xosé Val Díaz.