O Pedregal de Irimia foi declarado nova reserva natural fluvial do Miño-Sil
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, propuxo o Pedregal de Irimia para nova Reserva Natural Fluvial da Demarcación do Miño-Sil. Esta proposta obtivo o visto e prace do Consello Nacional da Auga.
O obxectivo desta catalogación é valorizar, protexer e mellorar zonas de alto valor ecolóxico, por iso o Pedregal de Irimia, situado no municipio de Meira, na ladeira oeste da serra, posúe unhas características que lle fan meritorio para ser catalogado como reserva natural subterránea. É un enclave rochoso no que auga flúe e discorre polo pedregal ladeira abaixo, dotándoo dun importante valor natural, histórico e mitológico.
Estas reservas decláranse en base a criterios bióticos, abióticos, hidromorfológicos, da calidade da auga, incluído a paisaxe, o que fai que o Pedregal de Irimia, nunha área que abarca 1,40km2, quede en zona de especial protección para a que o organismo de conca establecerá un conxunto de medidas concretas de conservación, avaliación e seguimento do seu estado ecolóxico e de fomento e valorización da reserva.
Reservas Naturais Fluviais en España
Cada unha das Confederacións Hidrográficas incluíu a proposta de novas reservas hidrolóxicas nos borradores dos seus respectivos Plans, que foron sometidos a un período de consulta pública de seis meses, finalizando o 21 de decembro de 2021, como parte do proceso establecido para a revisión e aprobación dos Plans hidrolóxicos de conca correspondentes ao novo ciclo de planificación.
No pasado Consello Nacional da Auga declaráronse 26 novas reservas naturais fluviais en España, cunha lonxitude de 518,37 km, o que supón a declaración total de 248 reservas naturais fluviais, cunha lonxitude total de 3.848,51 km. Do mesmo xeito declaráronse, por primeira vez, reservas naturais lacustres e reservas naturais subterráneas. No primeiro caso, trátase de 19 reservas naturais lacustres, equivalentes a unha superficie de 12,34 km2, mentres que, no segundo caso, trátase de 22 reservas naturais subterráneas, equivalentes a unha superficie de 1.077,11 km2.