O Perruquería Mixta Friol nombra a José Manuel González novo adestrador

TerraChaXa | LugoXa
O Perruquería Mixta Friol anunciou onte o nombramento do novo adestrador do club, noticia que chega un mes despois da destitución de Abraham García.
ramon feo
13 Xan 2021

O Perruquería Mixta Friol anunciou onte o nombramento do novo adestrador do club, noticia que chega un mes despois da destitución de Abraham García. O novo técnico é José Manuel González, que non estará só senón acompañado de Sergio Carrasco.

A incorporación do novo técnico prodúcese a falta de catro xornadas para que finalice a Liga Reto Iberdrola. Actualmente, o club galego ocupa a penúltima posición, con cinco puntos dunha vitoria e dous empates.

O obxectivo que terá González no punto de mira será sacar ao equipo da zona baixa da clasificación. O propio adestrador, que leva xa máis dunha semana traballando, está "moi contento co grupo, nos adestramentos as xogadoras están facendo todo o que se lles propone con intensidade. Temos un plantel con moita calidade, e imos loitar por lograr o obxectivo proposto pola directiva”.

O novo técnico conta cunha gran experiencia. En fútbol masculino adestrou en todas as categorías culminando na Primeira División gibraltareña como axudante e analista. No fútbol femenino traballou co Córdoba, La Rambla, e levou a preparación física co xuvenil en Sevilla e co sénior en Huelva.

Logrou sacar do descenso a algún dos cadros que adestrou en categoría masculina, mentres que en feminina foi partícipe dun subcampionato de Andalucía e unha permanencia.

0.13370013237