O persoal de Capsa continúa coas súas concentracións pola revisión salarial

TerraChaXa | LugoXa
O persoal de CAPSA en Robara realizou onte unha nova Concentración para exixir revisión salarial segundo o IPC
manifestacion capsa robra outeiro
20 Abr 2023

Os traballadores e as traballadoras de Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA) voltaron este mércores a realizar  paros e mobilizacións para reclamarlle á empresa que proceda a aplicar de inmediato a revisión salarial conforme ao IPC real, tal e como se estabelece no convenio colectivo.

Como en mércores pasados, a folga parcial desenvolveuse entre ás 13 e ás 15horas e durante este tempo o persoal concentrouse diante da factoría de Robra (Outeiro de Rei), chegando mesmo a cortar o tráfico na Nacional VI

Malia ao amplo seguimento que están tendo as xornadas de paro, até o momento non se produciron avances que permitan pechar o conflito xa que a empresa teima no seu incumprimento das garantías económicas recollidas no convenio.

0.13711905479431