O persoal opositor dos centros de día continúa a súa folga

TerraChaXa
Persoal do centro de día de Abadín realizou esta mañá, unha concentración de protesta polas condicións da Xunta para as oposicións.
manifestacion centro de dia abadin
26 Feb 2021

Persoal do centro de día de Abadín realizou esta mañá, de oito a once, unha concentración ante este organismo como protesta polas condicións impostas pola Xunta para as oposicións.

Esta acción reivindicativa, que se mantén con carácter indefinido, dende fai unha semana todos os xoves neste mesmo horario, pretende por de relevancia que Administración autonómica cambiou os baremos, xa que agora para acceder ás prazas en propiedade plantexan que o exame sexa a parte que máis se terá en conta (60%), moi por diante dos méritos (35%) e da formación (5%).

"Queremos denunciar a situación laboral irregular que vivimos dende hai 13 anos por culpa dunha Xunta que agora quere prescindir da nosa experiencia convocando unha nova OPE libre, sen posibilidade de consolidación", explican.

Os manifestantes propoñen que se convoque, por exemplo, un exame restrinxido ou un concurso de méritos restrinxido. A protesta de hoxe é continuación da realizada o pasado xoves: ese día houbo un paro de 24 horas, con mantemento de servizos mínimos. A situación ante as probas afecta a persoal de centros de día pero tamén doutros servizos, como as escolas infantís A Galiña Azul ou os centros Quérote.

No centro de día de Abadín hai un persoal de doce persoas, das que tres son fixas e nove levan anos contratadas pero sen a oposición que agora deben pasar pero son moitos os centros que se uniron na protesta.

"Falamos de máis de 1000 mulleres as que estamos nesta situación de abuso, que dificilmente podemos arriscarnos a perder os nosos empregos para quedar ao borde da dificultade extrema para saír adiante”, denuncia a Asociatem, que lembra ademais que “Directivas Europeas expresamente prohiben a contratación temporal continuada como tivemos todos estes anos. Pero o señor Feijoo non ten escoitado falar a Europa neste punto, e nada sabe do fragrante incumprimento de tales directivas”.

0.20295906066895