O Pescados Ruben FS gaña o derbi provincial contra o FSF Castro Bloques Cando

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este mércores día 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina
Pescados Ruben gana ao FSF Castro novembro 2023
19 Nov 2023

Esta mañá ás 12.00 horas no pavillón municipal de Castro Ribeiras de Lea xogábase a 10ª xornada da Primeira Division Iberdrola FS, un encontro moi especial por ser o primeiro derbi provincial lugués da historia da Primeira División de Futsal feminino, o FSF Castro Bloques Cando - Pescados Rubén Burela FS.

Un encontro dobremente especial por ser ademais o primeiro partido disputado ante a recentemente cedida Jenny, que anotou o primeiro gol do equipo local (do cal nos alegramos moito que fose así) e non o celebrou.

Un derbi que se viviu con moita paixón e emoción pero tamén cun respecto exemplar por parte dos dous equipos. Ante un FSF Castro recentemente ascendido pero que está apertando forte na categoría, o conxunto lugués fixo fronte a unhas Campioas de Todo que disputaron con moitas ganas este derbi tan especial, dominando o encontro de principio a fin.

Na primeira parte comeza presionando con intensidade o Pescados Rubén e no minuto 3 chega xa o primeiro tanto do conxunto de Julio Delgado cun gol de Irene Samper nun rexeite tras unha boa recuperación e contraataque de Cami. Tras varias oportunidades do equipo mariñán, entre elas unha de Emilly que a tira frouxa ao segundo pau tras unha recuperación, contra e pase de Irene Samper, e que detén a porteira local, non é ata o minuto 7 no que o conxunto de Chipi ten a primeira oportunidade do encontro, cunha recuperación e centro de Jenny ao que non chega a rematar Teté.

O primeiro tiro a porta de FSF Castro prodúcese no minuto 9 cun disparo de Dani Sousa desde a banda que detén Caridad. Presiona o Burela pero as locais defenden ben e no minuto 14 tras un disparo potentísimo de Irene Samper e un paradón de Lucía que sae a córner, saca Cilene cun pase a Irene Samper que lla coloca a Noelia Montoro que dispara e mete un golazo moi difícil de salvar, marcando o 0-2 no marcador e comezando a afundir as esperanzas que o 0-1 aínda lles brindaba ás castrenses. E tras outro paradón de Lucía Paz que desvía o balón de Antía Pérez, soa ante ela, e outro paradón de Caridad no último minuto tras un bo ataque do Castro que remata cun pase de Dani Sousa a Patri Corral que dispara desde a liña da área pero non logra abater á porteira gaditana.

Na segunda parte sae o mesmo quinteto inicial por parte do Burela FS. No minuto 23 golazo de Emilly que a lanza practicamente sen ángulo e cóaa entre a porteira e a rede rival. Un minuto despois chega o primeiro gol de Castro, por parte de Jenny que deixa entrar o balón na portería tras escapárselle o control do mesmo a Caridad. Con 1-3 no marcador chega o segundo golazo de Emilly cun tiro directo de falta imbatible e no 35 o quinto do conxunto burelense cun tiro de Dany que chega soa á portería tras un bo pase de Cilene. No minuto 36 o Castro continúa tentando recortar a avantaxada distancia que lle saca o seu equipo veciño e consegue o 2-5 cun gol de Dani Sousa en situación de 5 para 4, coa que levaban presionando desde o minuto 36. Conclúese o encontro.

https://galiciaxa.com/2023/11/tcxa/zonas-tcxa/castro-rei-tcxa/239198/

Pescados Ruben gana ao FSF Castro novembro 2023 1
Pescados Ruben gana ao FSF Castro novembro 2023 2
0.063798904418945