O pintor Labajjo Grandío falece na súa finca de Friol

TerraChaXa
O pintor friolés Alfredo Rodríguez Labajjo Grandío, coñecido por todos como o Picasso galego, foi atopado morto na súa casa de Friol este luns ao mediodía.
Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.24.12
9 Out 2019

O pintor friolés Alfredo Rodríguez Labajjo Grandío, coñecido por todos como o Picasso galego, foi atopado morto na súa casa de Friol este luns ao mediodía.

O cadáver foi atopado parcialmente devorado por algún dos animais cos que convivía, entre eles cans lobeiros, o que probablemente lle provocaron os danos que se atoparon no corpo, ao que lle faltaba un brazo.

Labajjo Grandío tiña 80 anos e adicábase ao mundo da arte. Residía no lugar de Fondemera, na parroquia de Villafiz, nunha vivenda illada. O pintor adoitaba chamar a un taxista de confianza que o levaba ao centro da vila una semana, e foi ese mesmo taxista o que avisou a Garda Civil xa que facía varias semanas que non o vía.

Está previsto que estes días se lle practique a autopsia, para así revelar as causas exactas do seu pasamento, pero barállase un posible infarto.

As pinturas de Labajjo Grandío foron trasladadas pola Garda Civil e permanecen custodiadas polo Concello, nunha zona segura á espera do que ditamine a xuíza ou de que a súa familia decida facerse cargo delas.

Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.24.28
0.19284200668335