O Plan Único de Guitiriz destinarase a diferentes actuacións de mellora no municipio

TerraChaXa
Guitiriz destina preto de medio millón de euros do Plan Único á mellora viaria, fomento do emprego, eventos e administración electrónica
Guitiriz_Casa_do_Concello
14 Abr 2022

O Concello de Guitiriz destinará os 479.786,33 euros que lle corresponden a través do Plan Único da Deputación de Lugo para un plan de investimentos que inclúe proxectos de mellora da rede viaria, fomento do emprego, realización de eventos e administración electrónica.

A renovación de estradas leva gran parte do financiamento, supoñendo 393.508,91 euros do orzamento total, e inclúe actuacións nas parroquias dos Vilares (accesos Acción e Vilarchán), San Salvador (accesos Mámoa, O Pinar, Vigo, Pumares e Teixidos), Lagostelle (Ansede), Roca (accesos Quintán e A Igrexa), Becín (acceso Becín de Abaixo) e Labrada (acceso a Sinde e Pumariño -estrada Labrada-Cambás-).

Por outra banda, en canto ao fomento do emprego destinaranse 25.375,95 euros para a contratación dun arquitecto e 25.000 euros para sufragar os gastos do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

O Plan Único provincial tamén servirá como apoio para a realización de eventos no municipio, como a festa da Torta de Millo (21.541,45 euros) e a Feira dos Callos e da Cantería de Parga (2.601,28 euros).

Por último, consígnanse 11.776,74 euros para o financiamento da plataforma ‘Gestiona’, que permite levar a cabo as diferentes xestións da administración eléctronica tanto para os técnicos municipais como para a a veciñanza.

0.092551946640015