O Pleno aprobará o xoves que o pavillón leve o nome de Jonathan Carro

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Guitiriz levará ao pleno deste xoves, 26 de novembro, a aprobación definitiva para renomear ao pavillón municipal co nome de Jonathan Carro, ximnasta guitiricense que formou parte das Escolas Deportivas das que tamén foi profesor.
CARTAZ_II PREMIOAFP2018_4
24 Nov 2020

O Concello de Guitiriz levará ao pleno deste xoves, 26 de novembro, a aprobación definitiva para renomear ao pavillón municipal co nome de Jonathan Carro, ximnasta guitiricense que formou parte das Escolas Deportivas das que tamén foi profesor.

Unha distinción honorífica que se concede, a través do regulamento de honras e distincións recentemente aprobado, despois da exposición pública do expediente no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.

Polo tanto, grazas a esta proposta do goberno local, esta instalación deportiva pasará a chamarse ‘Pavillón polideportivo municipal Jonathan Carro’.

A alcaldesa, Marisol Mornadeira, explicou que “isto é unha pequena homenaxe que facemos por parte Concello a unha persoa como Jonathan, cunha gran traxectoria persoal e deportiva que sempre foi valente dedicándose ao que lle gustaba enfrontándose aos estereotipos”.

Ademais, o Concello de Guitiriz notificará o acordo á familia, emprazándolles aos actos conmemorativos que se levarán a cabo para facer efectiva esta distinción honorífica.

0.18139100074768