O Pleno da Pastoriza rexeita a instalación de dous parques eólicos
TerraChaXa
A corporación municipal da Pastoriza aprobou por unanimidade o rexeitamento á instalación dos parques eólicos e vías de evacuación.
30 sep 2021
O Pleno da Pastoriza celebrou unha sesión extraordinaria para mostrar o seu rexeitamento a dous dos parques eólicos que están en exposición pública e que afectan ao termo municipal. A corporación municipal aprobou por unanimidade o seu rexeitamento á instalación dos parques eólicos e vías de evacuación.
Trátase concretamente dos de Boura e Monzón que afectan tamén aos concellos de Meira e Pol a cargo da empresa Greenalia.
Este proxecto publicouse o día 18 de agosto no BOE. Ata fai pouco os concellos non tiveron coñecemento deste proxecto polo que as alegacións non se presentaron ata o último momento.
De feito, o propio concello presentou as alegacións alegando que supoñen un grave prexuízo para a paisaxe e a agricultura.