O Pleno das Pontes aproba dous convenios coas asociacións A Seara e Cohempo

TerraChaXa
Acordouse tamén a concesión dunha subvención á Federación Galega de Natación pola organización do 8º campionato Galego de Augas Abertas
pleno-as-pontes
Imaxe de arquivo
4 Xul 2024

O Concello de As Pontes aprobou hoxe, durante a sesión plenaria ordinaria, cos votos a favor de grupo de goberno e do Partido Popular e a abstención do BNG, a concesión dunha subvención nominativa á Asociación Seara, por valor de e 38.500,00 €, para o financiamento do programa de asesoramento a emprendedores e consolidación de proxectos empresariais, as actividades da Rede de Autónomas e Empresarias, o servizo de consultoría sobre axudas e subvencións, o programa de asesoramento financeiro así como para facer fronte aos gastos xerais e investimento da entidade durante o ano 2024

Aprobábase tamén unha achega nominativa, de 45.000 euros, para Cohempo para a posta en marcha campañas e actividades de dinamización para as empresas asociadas, cursos de formación e talleres, gastos xerais e investimento para o ano 2024.

Así mesmo acordábase ademais a concesión dunha subvención á Federación Galega de Natación pola organización do 8º campionato Galego de Augas Abertas, de e 5.800 euros.

Por outra banda, durante a sesión plenaria aprobouse, por unanimidade tanto a modificación do Regulamento de Réxime Interno da Escola Infantil da Barosa, a proposta da concelleira de Benestar Social Tania Pardo, así como a instalación dun posto de actualización de documentación, que terá como finalidade dispoñer dun espazo no que a cidadanía poida obter e renovar os seus documentos de identidade e certificados dixitais. Segundo apuntaba o concelleiro de Xestión Económica, Antonio Alonso, este posto, dependente do Ministerio do Interior, estará instalado no edificio da antiga estación de autobuses.

Aprobábase tamén un expediente de suplemento de crédito, con cargo ao remanente líquido de tesourería, por valor de 648.357 euros que permitirá facer fronte a gastos da administración local derivados da execución de diversos servizos, a adquisición de subministros así como da realización de diferentes obras no termo municipal.

Así mesmo, durante a sesión plenaria tamén se aprobaron diversas facturas, por valor de 350.000 euros que, por diversas causas administrativas, non puideron ser executadas no exercicio económico do ano 2023.

0.19431185722351