O Pleno das Pontes aproba o inventario de bens e catálogo de camiños municipais

TerraChaXa
O Concello das Pontes acordou, con votos a favor do PSOE e o Partido Popular e a abstención do BNG e Xuntas por As Pontes En Común, a aprobación inicial do inventario de bens e o catálogo de camiños municipais.
9 Xan 2020

O Concello das Pontes acordou, con votos a favor do PSOE e o Partido Popular e a abstención do BNG e Xuntas por As Pontes En Común, a aprobación inicial do inventario de bens e o catálogo de camiños municipais.

Este inventario, valorado en 108 millóns de euros, subtitúe ao inventario existente e inclúe un catálogo de bens, tanto mobles como inmobles, de titularidade municipal, os vehículos e os bens e dereitos revertibles que integran o patrimonio do Concello das Pontes.

Asemade actualiza o catálogo de vías públicas de titularidade municipal, que ascenden a 1.109, cunha lonxitude total de 933 kilómetros, valoradas en preto de 62 millóns de euros.

Tras esta aprobación inicial, o inventario municipal de ben e vías municipais someterase a exposición pública, durante un prazo de 20 días hábiles, mediante anuncio no Bolentín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web do Concello das Pontes.

Modificacion regulamento A Barosa

Durante esta sesión plenaria, o Concello das Pontes tamén aprobou, cos votos a favor do PSOE e o PP, e a abstención do BNG e Xuntas por As Pontes En Común, a mofificación do regulamento da Escola Infantil A Barosa co obxectivo de axeitalo ás necesidade do municipio e á normativa vixente.

Entre as modificacións presentadas destacan a redistribución da capacidade do centro, de xeito que a escola contará con 6 unidades e 87 prazas, distribuídas en tramos de idade; unha unidade de 0 a 1 anos, con oito prazas; tres unidades de 1 a 2 anos, cun total de 39 prazas e dúas unidades de 2 a 3 anos con 40 prazas.

Asemade, o novo regulamento contempla a inclusión dun servizo horario amplo, cunha atención aos menores de polo menos 10 horas ininterrompidas. Non obstante, evitarase que os nenos e nenas prolonguen a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, salvo en circunstancias expecionais e xustificadas.

Tamén se modifica o calendario e horarios de funcionamento, ampliándose nunha hora o horario do obradoiro do mes de agosto e axustáse o horario de atención ao público, que será polas mañás, de 10:30 ás 13:30 horas.

Esta modificación tamén contempla cambios nos resquisitos das persoas solicitantes no tocanto ao criterio de empadroamento. Así para solicitar unha praza na Escola Infantil Municipal A Barosa será presciso estar empadroado, durante o tempo de asistencia á escola, toda a unidade familiar no Concello das Pontes, cunha antigüidade, no padrón municipal, de tres meses á solicitude da matrícula.

0.19590401649475